teo

O alcalde de Teo ningunea á súa concelleira de Seguridade Cidadá, Salomé Beiroa

A concelleira de Seguridade Cidadá, Salomé Beiroa, responsable da dirección da Policía Local, foi desairada e desautorizada publicamente onte polo alcalde no trascurso do pleno municipal, ao ser suplantada a súa voz polo rexidor, Rafael Sisto, que evitou por dúas veces que ela respostara ás preguntas formuladas polo grupo popular.

Na sesión plenaria, o PP dirixíu a Salomé Beiroa, como concelleira con competencias sobre a Policía Local, algunhas das preguntas máis preocupantes para a veciñanza sobre o caso de Texexe. Na primera das preguntas formuladas polo grupo popular a Beiroa, o alcalde arrebatoulle á concelleira o micrófono e respostou por ela, nun exercicio de ninguneo político e evidente desprezo ás competencias da concelleira membro do seu equipo de goberno. Esta situación reproducíuse ante unha segunda pregunta do grupo popular, na que de novo Rafael Sisto impide que Beiroa resposte.

Tal e como manifestou onte no pleno o número dous dos populares teenses, Antonio Sánchez, o propio alcalde pon en entredito a xestión da súa compañeira de equipo ao quitarlle a palabra en dúas ocasións, feito que constata que a concelleira non está capacitada para exercer o seu cargo en Teo. En palabras do popular "resulta innecesaria unha concelleira á fronte da seguridade cidadá en Teo. O alcalde veu a demostrarnos que sobra a señora Beiroa no seu equipo".

Logo da preguntas realizadas no pleno de onte, o grupo municipal ironizou sobre as explicacións que dera o bipartito e concluiu considerando que "aquí acaba de escribirse o mellor guión para unha película. Canto máis coñecemos, máis se embrolla todo isto. Protagonistas: sra. Beiroa, sra. Lemus e sr. Sisto. Título: Acorralados. Acorralados nas súas propias insidias."

Deja una Respuesta