IMG_0139

“O alcalde deshonra a capital de Galicia ao poñerse do lado dos golpistas”

o pleno de onte, puidemos ver a verdadeira cara do señor Martiño Noriega: un alcalde radical e antisistema, que non dubidou en poñerse do lado dos golpistas e en animar a desobedecer a lei”, denunciou Agustín Hernández, en referencia á moción que Compostela Aberta e o BNG presentaron de xeito conxunto para abordar a situación de Cataluña. “Martiño Noriega –engadiu o portavoz popular- deshonra a capital de Galicia ao permitir que esta moción saia adiante co seu voto de calidade”.

Agustín Hernández, que cualificou o asunto de “extremadamente serio”, lamentou a oportunidade perdida do alcalde para “amosar o apoio da cidade a aqueles alcaldes e concelleiros que están a sufrir un ilexítimo e ilegal acoso”. “Hoxe é un día negro para a capital de Galicia –indicou-, porque o alcalde acaba de situar a Santiago como unha cidade fóra da lei”.

Para Agustín Hernández, Martiño Noriega volveu dar mostras dun “alcalde totalitario”, que apoia un golpe antidemocrático e que desde unha administración pública condena a función e as ordes xudiciais. Neste senso, recordou que xa non é a primeira vez que o fai, en referencia ao desaloxo do edificio ocupado da Algalia. “Desde a súa condición de alcalde, apoia a delincuencia institucional”, salienta.

“Pola súa irresponsabilidade e insensatez, sitúa a Santiago fóra da lei e pon a nosa cidade do lado dos secesionistas”, sentenciou o portavoz popular, que incidiu que o voto favorable a esta moción “é un voto favorable ao golpismo político”.

Área Santiago

O portavoz popular puxo de manifesto a “o escurantismo” e a falta de diálogo de Compostela Aberta en relación co convenio de Área Santiago, que foi tratado no pleno de onte: “Ata o mesmo pleno, a oposición non tivo coñecemento da baixa do concello de Trazo”. Do mesmo xeito, Agustín Hernández lamentou que se ocultara a pretensión do Goberno de mudar o cambio de modelo de xestión. “Cámbiase un modelo de xestión que pivotaba arredor de Incolsa e, sen embargo, non se leva a cuestión ao Consello de Administración, onde están os grupos da oposición, e que se celebrou o martes desta mesma semana”. Un cambio que, tal e como se puxo de manifesto, a Intervención tamén lle pon obxeccións a este modelo.

Por outra banda, os populares tamén destacan a “improvisación” na xestión cotiá deste goberno. Neste senso, informou de que o convenio necesitaba da maioría absoluta da corporación para ser aprobado: “O propio alcalde descoñecía esta necesidade, que non abordou esta crucial cuestión na Xunta de Portavoces”. En definitiva –engadiu-, ademais do enorme retraso na presentación do acordo, o Goberno non se preocupou de dialogar e tratar de negociar nin o modelo, nin os apoios necesarios para a súa aprobación”. Por todo isto, os populares urxen en retomar canto antes este asunto, mellorar a proposta –chea de erros- e rectificar a súa actuación en todo este asunto.

Deja una Respuesta