IMG_0139

O cambio no acceso á San Francisco confirma “o fracaso” da medida de CA

O Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro pleno municipal unha pregunta oral sobre a substitución do sistema de control de accesos á rúa San Francisco. Segundo as informacións das que dispón, “a cámara instalada para controlar a entrada dos vehículos permanece actualmente desconectada”, tras aludir o goberno local “problemas de xestión coas matrículas”.

É por iso polo que os populares pedirán explicacións a Compostela Aberta sobre o seu “empeño” en instalar no seu día unha cámara de acceso a San Francisco, xeradora de centos de multas, e que un ano e medio máis tarde se decida desactivala. Foi xustamente o grupo popular quen advertiu dos problemas de xestión que ía carrexar este tipo de control. E é que, tal e como recordan, estando o Partido Popular no goberno decidírase non activar dita cámara para non xerar precisamente unha desproporción sancionadora, así como problemas de fiabilidade derivados da súa tramitación. “Pese as dúbidas coñecidas, Compostela Aberta empeñouse en poñer en funcionamento este sistema de control que, nos primeiros meses, propiciou unha emboscada sancionadora”, subliñan os populares.

Un dos aspectos máis criticables polos populares foi a falta de información do Goberno local, que provocou que “centos de condutores entrasen por San Francisco sen decatarse das consecuencias da prohibición”. “Compostela Aberta –engaden- pasou de gabarse de activar un sistema para, ano e medio despois, recoñecer o fracaso do sistema, retiralo e optar por unha fórmula ben distinta: a instalación de bolardos móbiles ou automáticos, semellante ao sistema de acceso a outras rúas do Casco Histórico”.

Á vista do novo sistema de control de acceso, o grupo popular tamén preguntará se Compostela Aberta ten pensado renovar no conxunto do casco histórico o sistema de accesos ou se a actuación vaise limitar á rúa San Francisco.

Deja una Respuesta