santi freire pp

O CANDIDATO Á ALCALDÍA DO PARTIDO POPULAR DE NOIA, SANTI FREIRE, TOMARÁ POSESIÓN COMO MEMBRO DA EXECUTIVA LOCAL

Tal e como o presidente local, Julio Bustelo, anunciou no acto de presentación do candidato á alcaldía de Noia o pasado 3 de outubro, Santiago Freire pasará a formar parte da executiva local por designación directa. Si ben Santi non concorreu na lista que se presentou ao congreso local celebrado o 8 de marzo, os estatutos do partido facultan ao presidente entrante a incorporar un número limitado de prazas por designación directa. Con este nomeamento a executiva local pasará a contar con nada menos que tres excaldes: a primeira alcaldesa de Noia e presidenta de honor do Partido Popular de Noia, Mari Carmen Abeijón, o primeiro alcalde con maioría absoluta e presidente de honor do partido, o actual Deputado Nacional Tono Insua, e o exalcalde do concello veciño de Lousame durante nove anos, exdeputado provincial e actual Deputado Autonómico, Santiago Freire.

Dende o Partido Popular valoramos moi positivamente o feito de aunar no comité local a estes tres referentes da política municipal que sen dúbida aportan a experiencia necesaria para seguir facendo do Partido Popular o principal partido da vila e da corporación municipal.

Tamén cabe destacar que o comité local auna esta experiencia cunha xeración de mozos e mozas moi preparados con cargos de responsabilidade nas distintas áreas nas que se formaron e tamén o feito de contar no comité local co presidente provincial de Novas Xeracións e actual Deputado Autonómico, Ramón Santos. Mestura de experiencia e mocidade co obxectivo claro de acadar unha nova maioría absoluta no vindeiro mes de maio de 2015.

Deja una Respuesta