FIRMA

O concello buscará atraer turistas co proxecto "Cabanas, a Fraga Feita Mar"

O Concello está a traballar na posta en marcha do proxecto “Cabanas, a Fraga Feita Mar”. Un programa de promoción turística para mellorar os rexistros de visitantes e tamén os beneficios desa maior afluencia para o sector hosteleiro e o comercio local.

O alcalde, Germán Castrillón, explica que para logralo contará coa axuda económica do GALP Golfo Ártabro, que confirmou o seu apoio ó proxecto cunha achega cercana ós 40.000 euros. “Cabanas, a Fraga Feita Mar” segue así a senda doutras iniciativas impulsadas polo Concello como as rutas en barco polo río Eume a bordo do Anduriño e o programa de ocio activo realizado co Club KDM. Ambos, co financiados tamén cos fondos europeos do GALP.

Ó abeiro deste programa, o Concello estreará nova imaxe institucional, inventariará a Rede Turística, creará un arquivo fotográfico de recursos, elaborará materiais audiovisuais promocionais, folletos turísticos divulgativos, ferramentas web e espazos en redes sociais (facebook, twitter, google+, linkedin, pinterest, instagram…) para lograr un mellor posicionamento on line do destino e organizará xornadas de formación e divulgación, entre outras iniciativas.

Un ambicioso proxecto co que, segundo destaca o alcalde, atraer a atención do potencial visitante poñendo en valor os recursos turísticos principais de Cabanas e centrándose especialmente nas posibilidades que brindan as novas tecnoloxías.

Deja una Respuesta