A conselleira do Medio Rural en funci—ns, çngeles V‡zquez, reunirase coa alcaldesa de Boimorto, Mar’a Jesœs Novo.

O Concello de Boimorto destaca o esforzo inversor da Xunta de Galicia

A alcaldesa do Concello de Boimorto, María Jesús Novo, destacou hoxe o esforzo investidor realizado pola Xunta de Galicia no municipio. A rexedora subliñou que os fondos autonómicos permitiron levar a cabo importantes actuacións que serviron para mellorar os servizos e as prestacións que ofrece o concello.

Neste sentido, Novo puxo sobre a mesa o convenio asinado coa Dirección Xeral de Administración Local, que permitiu ao executivo local finalizar a mellora da rede de subministración de auga ao depósito municipal de Rodieiros, cunha achega autonómica de 24.690,76 euros.

A alcaldesa destacou por outra banda, as obras para a reforma da cuberta da gardería municipal, así como o equipamento deste centro, para o que a Xunta de Galicia destinou 30.745,68 euros.

“Para un municipio como Boimorto, este tipo de axudas resultan vitais para poder financiar actuacións que, doutro xeito, seríanos imposible abordar e, sen embargo, son moi necesarias para os nosos veciños”, apuntou Novo.

Por último, a alcaldesa agradeceu tamén, o respaldo mostrado pola Consellería de Medio Rural para facilitar a compra dun tractor e dúas rozadoiras para o mantemento e limpeza da maleza nas infraestruturas rurais, en determinadas leiras e en redes secundarias de faixas de biomasa.

En total, para a adquisición de toda esta maquinaria, a institución autonómica destinou 89.700 euros dun montante total de 108.537.

Deja una Respuesta