castrillón

O Concello de Cabanas abre a inscrición no programa Club +60: Encontro de Maiores

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, anunciou esta mañá que o Concello retomará este venres o programa municipal “Club +60: Encontro de Maiores”. Unha iniciativa completamente gratuíta coa que, explicou o rexidor, o Concello busca ofrecer unha alternativa de ocio ós maiores, que saian da casa e compartan o seu tempo con outros veciños. Deste xeito, facilítase un envellecemento activo e combátese a soídade, un problema que soe acompañar a este colectivo, especialmente na zona rural.

Así, as persoas interesadas en participar deben anotarse na Concellería de Servizos Sociais –ben na casa consistorial ben chamando ó teléfono 981 49 59 59 extensión 6-. As sesións arrancarán este venres, 18 de novembro, no local social da SCRD San Mamede de Laraxe, de 17 a 18,30 horas. De constatar demanda, o rexidor avanzou que non descarta extender o programa a outras parroquias.

A partir dagora, todos os venres pola tarde, os maiores poderán compartir experiencias e recuperar costumes e tradicións; compartir tempo con xogos de mesa; exercitar a mente con actividades de estimulación cognitiva, e mesmo realizar algunha excursión.

Deja una Respuesta