CAMIÑOS

Acondicionan os camiños da Costa, Chamoso, As Modias e o vial de servizo en Fontenova

O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá do inicio dos traballos de reparación e mellora dos camiños municipais da Costa, Chamoso, As Modias e o vial de servizo en Fontenova. Actuacións que, no caso no vial da Costa e máis As Modias, tamén contemplan o arranxo dos muros de contención.

No seu conxunto, as intervencións suman un orzamento superior ós 51.000 euros, que se financiará con cargo a un convenio de colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o propio Concello de Cabanas, no marco do Plan de Emerxencias da Administración autonómica.

As obras inclúen a limpeza de cunetas e pasos en ambas marxes das vías, preparación da superficie e rebacheos parciais, así como a súa posterior pavimentación. No camiño da Costa e no das Modias, ambos cunha lonxitude duns 200 metros, repararanse os respectivos muros de contención, cun espesor mínimo de 0,50 metros e altura variable de ata tres metros.

Grazas a estas intervencións, non só se mellorarán as condicións de circulación senón que se reforzará a seguridade dos viais.

Deja una Respuesta