castrillón

O Concello de Cabanas convoca reunións veciñais para recabar as súas propostas ós orzamentos

O alcalde, Germán Castrillón, avanzou esta mañá que o Concello organizará reunións veciñais en todas as parroquias de Cabanas para recabar as súas propostas para o orzamento do 2017. Explicou que o obxectivo é favorecer a participación veciñal na construción do municipio e, por tanto, invita a todos os veciños e veciñas a acudir ás diferentes xuntanzas e facer as súas aportacións. O calendario inaugurarase este mesmo venres, 28 de outubro, no local social de Santa Cruz. A reunión dará comezo ás 20 horas e nela se explicarán os orzamentos e partidas de investimento para, a continuación, abrir un turno de palabra para que todo aquel que o desexe realice a súa proposta ou traslade a súa queixa. Así mesmo, entregaranse follas de suxestións para que os asistentes poidan trasladalas por escrito.

As reunións veciñais continuarán o mércores, 2 de novembro, neste caso no local social da SCRD San Mamede de Laraxe. O 7 de novembro trasladarase a xuntanza ó local social do CCRD San Martiño do Porto e, ó día seguinte, 8 de novembro, ó local social de Lavandeira. Pechando as xuntanzas, a casa consistorial albergará a última reunión o día 10 de novembro. En todos os casos principiarán ás 20 horas.

Será este o paso previo para iniciar a elaboración do borrador de orzamentos, un proceso de participación que se iniciaba en 2008 e se veu repetindo cada ano.

Deja una Respuesta