castrillón

O Concello de Cabanas habilita o Teléfono do Veciño para comunicar incidencias vía whatsapp

O Concello de Cabanas vén de poñer en marcha o Teléfono do Veciño, un novo servizo de whatsapp para mellorar, facilitar e, sobre todo, procurar unha comunicación directa e inmediata entre Concello e veciños do municipio. A través do mesmo, poderán dar traslado de calquer incidencia na vía pública ou plantear calquer proposta. Dende unha avaría no alumeado público ata a aparición dun vertedoiro incontrolado, por poñer algún exemplo. O número é 637 55 98 73 e o seu uso é tan sinxelo como enviar a este un simple whatsapp.
Así mesmo, os veciños poderán acompañar a súa mensaxe de imaxes da incidencia, indicando a rúa ou camiño na que se ten producido. Agradécese, iso si, unha breve explicación da incidencia ou proposta.
Recibida no número do Teléfono do Veciño, o Concello iniciará as xestións para tentar darlle solución o máis axiña posible.
Este novo canal de comunicación, que nace das posibilidades que permiten as novas tecnoloxías, sumarase ós habituais: teléfonos de atención dos diferentes departamentos municipais, correos electrónicos e consultas presenciais.

Deja una Respuesta