teo

O Concello de Teo admite ter pagado a multa polo caso dos coches sen seguro

O Alcalde ten que depurar responsabilidades. Un dos tres coches denunciados circulaba sen seguro, o que obrigou ao Concello a abonar a multa. Anova e PSOE teñen manifestado máxima celeridade en pedir a dimisión de cargos doutros partidos en anteriores ocasións e deben actuar en consecuencia aplicando a súa mesma vara de medir.

No pleno celebrado esta semana, na quenda de rogos e preguntas, o concelleiro do Partido Popular Antonio Sánchez preguntáballe á responsable local da área de transportes, Conchi García, por cómo se desenlazara o asunto das tres multas practicadas aos coches do concello que circulaban sen seguro. A concelleira de Anova explicou que na primeira delas recoñecérase un erro administrativo e a segunda fora reclamada e estaba "á espera de resposta". Mais non respostou pola terceira, o cal obrigou a concelleiro popular a preguntar de novo particularmente sobre ela. Ante isto, García explicou que fora "pagada no período voluntario", o cal supón ter admitido que circulaba sen seguro dende o primeiro momento, información que o equipo de goberno non ofrecera en ningún momento ata que foi preguntado polos populares o pasado mércores.

Para o portavoz dos populares teenses, "os feitos e a pura realidade rompen o discurso das Mareas de Podemos por todas partes, non aplicando para eles o que esixen para os demáis". O escurantismo e os permanentes intentos de ocultar a información do proceso marcan o desenvolvemento do caso dos coches sen seguro, ao que hai que sumar a frivolidade e irresponsabilidade do alcalde que, nun primeiro momento, calificou o caso de "tontería".

Ningún dos socios do goberno local ten amosado a máis mínima intención de ofrecer explicacións públicas acerca deste caso nada máis que cando se lles obriga a elo. Esta é a transparencia do bipartito. No seu momento, José Manuel Guerra, xa declarara que "resulta inconcebible que os coches circulen sen seguro, aínda máis que Anova e PSOE escondan a cabeza permanentemente. Non se poden agochar. Teñen que dar as explicacións pertinentes e asumir as responsabilidades políticas que correspondan". Agora que se coñece que o Concello finalmente tivo que abonar a factura, "o alcalde, quen sempre culpabiliza de todo aos demáis, con debe facer cumprir co listón que él mesmo ten marcado".

Deja una Respuesta