IMG_9230

O goberno local de Teo fai un uso partidista da institución

A colocación dunha pancarta reivindicativa nas dependencias municipais representa un uso abusivo da institución que reflicte a escasa altura política do goberno bibartito de Teo, sustentado polo PSOE e Anova. O grupo popular municipal insta á alcaldía a que abandone a política demagóxica da pancarta e, se realmente o goberno bipartito está preocupado polos petos das familias, retroceda a decisión tomada respecto do IBI e baixe ou conxele o tipo de gravame que tiña marcado o concello, tal e como fixeron as entidades locais da contorna.

O bipartito practica, probablemente, a maior suba de tipo de gravame de IBI de toda a provincia pero Anova e PSOE procuran desviar a atención cara Rajoy, cando son as duas formacións políticas as únicas responsables de que as familias de Teo teñan que pagar 150 € máis que no concello de O Pino, por unha casa cun valor catastral de 100.000 euros.

En opinión do Partido Popular, o máis grave do caso é que o bipartito ocultou información á corporación municipal e, por ende, á veciñanza. O Concello coñecía que se ía producir o proceso de regularización catastral que traería consigo unha suba do recibo e, a pesar diso, decidiu practicar a "suba sobre a suba" dun 25% no tipo de gravame de IBI dentro das competencias que afectan ao concello.

O PP entende que por riba de calquera interese partidista está o interese da veciñanza. Baixo esta premisa, expresou o seu rexeitamento á taxa dos 60€ imposta polo Goberno central, pero a través dos procedementos e os cauces que corresponden a unha oposición responsable e seria, é decir,  a través dunha moción presentada en Pleno.  Os populares consideran que as formas empregadas neste caso polo bipartito parécense ás "formas venezolanas, e son máis propias dunha república bananera que dun goberno serio”.

Igualmente, José Manuel Guerra manifesta o seu asombro ao comprobar que tamén o PSOE de Teo estea a escorar o seu modo de proceder deste xeito e "se subira ao carro destas actuacións ao puro estilo de Podemos". Por certo, sorprende que as cores da pancarta colocada nas dependencias municipais coincidan coas cores corporativas do PSOE.

Deja una Respuesta