20171130 Edificio Toural

O grupo popular advirte do perigo dunha cristaleira rota durante semanas no Toural

O Grupo Municipal Popular chama a atención sobre a rotura dunha cristaleira no histórico edificio de Almacenes Olmedo situado na Praza do Toural, concretamente na fachada que dá ao inicio da Rúa Nova. A existencia dun burato, de grande dimensión, representa un perigo, tanto pola posibilidade de manipulación por parte algún menor, como pola apertura dunha vía para o acceso de persoas alleas á propiedade ao interior da edificación.

Tal e como poñen de manifesto os populares, transcorridas varias semanas neste estado, e a pesar da céntrica situación deste edificio, non se ten tomada ningunha medida por parte da Administración local, como o precintado do escaparate ou o valado do seu contorno, mentres se tería que requirir á propiedade para adopte unha pronta solución conforme á normativa de aplicación.

Para o grupo popular, esta cuestión non debera ser allea ao Goberno municipal, posto que, ademais da súa visibilidade por atoparse nunha zona de gran tránsito, o local albergou durante meses as instalacións de Compostela Aberta.

Os populares teñen previsto dirixir unha pregunta ao Goberno municipal para constatar o grao de “protección” que ten este local e porque non se teñen adoptado nel as medidas habituais que si se toman noutras propiedades en situacións semellantes.

Deja una Respuesta