O mal estado do pavillón Castelao II de Ordes provoca a caída de cascotes sobre a beirarrúa

O mal estado de conservación do pavillón municipal Castelao II de Ordes traduciuse esta fin de semana na caída de cascotes nunha beirarrúa anexa que utilizan a cotío veciños e escolares, expostos a unha situación de risco físico evidente ante a desidia do Concello.

O Partido Popular, que xa a semana pasada denunciou os danos estructurais que presenta esta construcción –afectada por fendas, desprendementos e armado de ferro corroído e á vista, co conseguinte proceso de oxidación e deterioración progresiva- reclama a intervención inmediata do Concello para evitar riscos aos usuarios da instalación, pero tamén aos peóns que podan utilizar a beirarrúa anexa ao pavillón.

Moción ao Pleno

Nesta liña, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes presentará unha moción no Pleno municipal ordinario previsto para finais deste mes no que instalará ao Concello a efectuar unha revisión e intervención urxente no Pavillón Castelao II para arranxar as deficiencias detectadas, frear o deterioro da estructura e salvagardar a integridade física dos usuarios e viandantes.

José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes, chama a atención sobre a desidia do Concello respecto á situación de equipamentos municipais como o pavillón Castelao II. "Alcalde e vicealcaldesa miran cara outro lado cando aparece algún problema e semellan unicamente interesados en afianzar a rede clientelar que comezaron a construír durante o pasado mandato, unha rede de favores que semella non coñecer límites, como todo Ordes sabe logo da última contratación por parte de unha concesionaria municipal, teledirixida polos máximos mandatarios a dedo", engade Martínez Sanjurjo.

Deja una Respuesta