20160913_102035_resized

"O noso compromiso é que o Porto Exterior sexa un referente no tráfico de mercadorías"

A candidata do Partido Popular na provincia da Coruña nas eleccións autonómicas do 25S, Beatriz Mato, reiterou hoxe o compromiso do PPdeG para que o porto exterior de Punta Langosteira se afiance como unha das “autoestradas do mar de Europa” no tráfico de mercadorías.

Durante unha visita ás instalacións portuarias, e acompañada polo cabeza de lista dos populares na provincia, Diego Calvo, e polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, Mato mostrou a súa satisfacción ao comprobar a “aposta decidida e o compromiso” que tanto o goberno central como a Xunta demostraron para que Galicia poida contar cunha infraestrutura tan importante para o tráfico de mercadorías.

Neste sentido, a popular destacou a “boa evolución” que levan as obras, e subliñou o incremento do tráfico de mercadorías e das empresas que se instalaron xa en Punta Langosteira.

“Dende o 2012 son máis de 2,5 millóns de toneladas as que pasaron polo Porto Exterior e, no que vai de 2016, xa se rexistraron máis toneladas que en todo o ano anterior”, explicou Mato, quen incidiu que os datos convidan ao “optimismo” sobre o futuro e a relevancia de Punta Langosteira.

Conexión ferroviaria
Por outra banda, a popular reiterou que o proxecto para dotar ao Porto Exterior dunha infraestrutura ferroviaria estará rematado a mediados do 2017, e avanzou que o PPdeG incluíu no seu programa a creación dunha comisión de traballo, na que participarían o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo, para estudar o trazado do acceso por ferrocarril a este infraestrutura.

“O noso compromiso co Porto Exterior é firme porque temos clara a súa importancia no desenvolvemento dunha infraestrutura que debe converterse nun referente do tráfico de mercadorías en toda Europa”, concluíu Mato.

Deja una Respuesta