Foto_Esquina2

O Partido Popular de Arzúa interésase pola situación do Edificio Plaza

O Partido Popular de Arzúa esixe do Alcalde, José Luis García, que informe sobre as xestións que se teñan realizado para levar a cabo as obras de derribo no coñecido como edificio Plaza, situado no centro da vila, xa que até o de agora, e dende o pasado mes de agosto, non fixo públicos máis datos.

Rafael Rivadulla, candidato á alcaldía do Partido Popular de Arzúa, lamenta a nula información proporcionada polo equipo de goberno sobre o derribo e amosa a súa preocupación polos posibles motivos de demora na adxudicación, especialmente tendo en conta que segundo o artigo 17 do prego de cláusulas administrativas do contrato de derribo, de marzo de 2018, a “adxudicación do contrato acordarase en resolución motivada, notificarase aos licitadores e simultaneamente publicarase no perfil do contratante, debendo indicar na notificación e no perfil do contratante o prazo en que debe procederse á súa formalización”. Pese a isto, no perfil do contratante non se fixo pública tal información, sendo a última actualización do 2 de agosto de 2018, que corresponde á apertura do Sobre C da contratación, ao cal só se presentou unha empresa.

Dende o Xestora municipal do PP manifestan  a súa sorpresa porque a nova da adxudicación se coñecese a través da prensa e non a través das vías administrativas.

Os Populares dubidan da correcta actuación do Concello en canto ao estudo das posibles alternativas ao derribo que fosen do agrado de tódalas partes implicadas e cun menor custe para as arcas municipais e tamén amosan a súa preocupación polas consecuencias económicas que poderían derivarse do derribo, xa que sospeitan que “o custo total podería superar o importe de adxudicación, de 265.570 €, tendo que afrontar demandas de indemnizacións ou obras por complicacións non estipuladas no contrato licitado”.

 

Deja una Respuesta