diego calvo san sadurniño

O PP aclara que foi o goberno de Calvo o que garantiu o carril bici

O portavoz do Partido Popular na Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, asegurou hoxe que o alcalde de Oleiros “minte” cando se atribúe a reactivación do carril bici deseñado para os municipios de A Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo.

“Foi o noso goberno o que iniciou e pechou todos os trámites para a posta en marcha desa obra, e tamén o que deixou presupostados e, por tanto, blindados, os 3 millóns de euros necesarios para acometer os traballos”, puntualizou Calvo.

Asimesmo, aclarou que tampoco son certas esas “afirmacións ineresadas do alcalde de Oleiros” respecto a que o carril partía cun orzamento de 15 millóns de euros que logo se reduciu ata os 3 millóns. “Minte descaradamente e o sabe, porque eses 15 millóns de euros dos que fala pertencían a un proxecto anterior, moito máis ambicioso, que precisaba da cofinanciación dos concellos, e Oleiros foi un dos que negou a súa colaboración”, insistíu Calvo, para explicar que, unha vez que a Deputación asumíu en solitario a obra, optou por comunicar os tramos de carril bici xa existentes e darlle unha sinalización homexénea a todo o tramo.

“Por iso as partidas para sinalización son as máis elevadas, o que parece non entender o alcalde de Oleiros de forma totalmente interesada”, asegura o portavoz do PP.

“Cando rematou o noso mandato, só Culleredo tiña postos os terreos a disposición da Deputación, e Cambre estaba pendente dun permiso de augas”, conclúe Diego Calvo, que lembra que, no caso de Oleiros, o seu alcalde “andaba enredado” en disputas coa Xunta de Galicia polo cambio de trazado dunha estrada, algo que nada ten que ver coa Deputación.

“Polo tanto, unha vez máis lembrar que estamos diante dun alcalde que o único que fixo foi poñer trabas ao inicio das obras do carril bici e que agora nos que facer crer que el é o reactivador desa infraestructura”, asegura Calvo”

 

Deja una Respuesta