N550

Mirás “xoga” coa seguridade ao non construír as beirarrúas da N-550

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, acusou ao goberno local de “xogar” coa seguridade de todos as persoas que se teñen que desprazar polas beiravías da N-550 para achegarse ao polígono industrial do municipio, despois de que transcorrera máis de dous anos desde que o rexedor, Manuel Mirás, prometese unhas beirarrúas que aínda non construíu.

Os populares afirman que a “falta de seriedade” do alcalde é “especialmente grave”, tendo en conta que son moitos os pais e os nenos que ven obrigados a percorrer o traxecto que une o centro de Oroso co novo colexio, poñendo en perigo a súa seguridade por unha estrada pola que circulan todo tipo de vehículos.

“Calquera persoa que pase por esta zona dáse conta de que é un traxecto moi perigoso, sobre todo para percorrelo con nenos”, afirmou Doval, quen calificou de “inxustificable” o atraso dunhas obras “moi necesarias” para todos os veciños.

Acelerar trámites
Neste sentido, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso convidou ao señor Mirás a que acelere os trámites que sexan necesarios para a execución dun proxecto para o que, segundo confirmou, o goberno local contará sempre co apoio dos populares.

“Cremos que se trata dunha prioridade que o goberno local debe poñer en marcha canto antes”, defendeu Doval, quen asegurou que ao alcalde deberíalle “caer a cara de vergoña” ao pasear polas rúas de Oroso e cruzarse con veciños aos que lles leva “mentindo” durante máis de dous anos.

Por último, o portavoz do Partido Popular acusou ao señor Mirás de estar pendente de asuntos “menores”, que pouco teñen que ver coas “verdadeiras necesidades” dos veciños, en lugar de cumprir coa súa promesa e solucionar un dos “graves problemas” que te

Deja una Respuesta