FOTO DAVID ENTREGA ESCRITO

Acusan a Muíño de vivir “instalado na ilegalidade” tras mostrarse partidario do referendo catalán

O grupo municipal do Partido Popular de Zas, encabezado polo seu portavoz, David Gómez, acusou hoxe ao alcalde, Manuel Muíño, de vivir “instalado na ilegalidade” despois de que o rexedor asinase o documento presentado polo BNG no que se apoia aos alcaldes cataláns que decidiron participar no referendo secesionista.

David Goméz, que cualificou de “moi grave” que o señor Muíño apoie un texto que atenta directamente contra a Constitución, indicou que a postura adoptada polo rexedor “lamentablemente xa non é unha sorpresa para os veciños de Zas”.

“Neste municipio levamos moito tempo soportando como o alcalde se salta as leis, as normativas municipais e todos os procedementos de transparencia que deben rexer un municipio”, apuntou Gómez, en referencia á suposta falta de contratos en servizos municipais, o problema co socorrista da piscina ou as trabas coas que se atopa a oposición para acceder a documentos necesarios para a fiscalización e control do executivo local.

Un mal exemplo para os veciños
Neste sentido, o portavoz dos populares insistiu en que o respaldo ao referendo secesionista é “un exemplo máis” da forma de entender a política que defende o señor Muíño, a quen Goméz acusou de converterse nun “mal exemplo” para o resto de veciños de Zas aos que el lles esixe que cumpran as leis e paguen os seus impostos”.

“Aquí non se trata dun dereito a decidir, nin de democracia como están a querer vender os señores do BNG, aquí estamos a falar de cumprir ou non cumprir as leis”, dixo Gómez, quen defendeu que, neste tipo problemas, “non caben medias tintas, xa que os alcaldes teñen que estar sempre ao lado da lei e do Estado de Dereito”.

Sobre este tema, o portavoz dos populares asegurou que “esta actitude desautoriza moral e eticamente a un alcalde para pretender que os seus veciños cumpran coas leis e coas súas obrigacións como cidadáns”.

Gómez referiuse tamén ao dereito a decidir que defenden os nacionalistas, e trasladou este postura a nivel municipal: “En Zas preguntámonos si, cando haxa que levar a cabo algunha actuación no concello, imos poder decidir todos os veciños ou, como no caso de Cataluña, só a minoría afectada”.

or outra banda, o portavoz dos populares aproveitou o pleno municipal para criticar que o servizo da recollida de lixo siga funcionando cun contrato caducado desde hai anos, e volveu reclamar a información sobre o peche da piscina, á vez que preguntou por que o Concello non atende de forma inmediata ás persoas dependentes.

Deja una Respuesta