M Jesus Sobrado (baja)

O PP acusa o alcalde de Sobrado de gobernar “a golpe de pleno extraordinario”

A candidata do Partido Popular á alcaldía do Concello de Sobrado nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio, María Jesús García, acusou hoxe o alcalde, Lisardo Santos, de gobernar ao municipio a “golpe de pleno extraordinario”, depues de que o rexedor non convocase aínda o pleno ordinario aprazado por decreto no pasado mes de decembro.

 

“O actual alcalde, que falaba da importancia da democracia para argumentar a súa moción de censura, non acudía ós plenos cando era concelleiro e agora non os convoca”, lamentou García, quen cargou contra o rexedor por, dixo, cohartar os dereitos do resto de concelleiros aos que “nos nega a documentación que levamos meses solicitando”.

 

García aproveitou a ocasión tamén para cargar con Santos ao que acusa de instaurar no municipio a parálise dos últimos anos. “A única actividade que existe e a execución de forma totalmente electoralista das obras de asfaltado que quedaron tramitadas, pero que impediron aprobar co bloqueo político xerado polos concelleiros da anterior oposición”, dixo.

 

Neste sentido, a candidata dos populares incidiu en que o goberno local  continúan sen tramitar a ordenanza de protección dos camiños que quedara redactada e que xa fora consensuada co grupo socialista en xaneiro de 2018.
“Sobrado volve a ser un concello paralizado e alonxado dos veciños no que non se intervén sobre ningún tema importante, nin sequera conseguiron aprobar os presupostos de 2018, básicos para acometer obras ou inversión”, dixo García, que recordou que, o que sí aprobou Santos foi o seu soldo, despois, indicou, eso sí, de ter votado en contra dos soldos do anterior goberno.

 

Deja una Respuesta