O PP advirte da existencia de danos estruturais no pavillón Castelao II de Ordes e insta ao Concello a actuar

O Pavillón Polideportivo Municipal Castelao II de Ordes, presenta danos estruturais que necesitan unha revisión e intervención urxente cunha dobre finalidade: preservar a seguridade dos usuarios e viandantes e evitar que o deterioro se acelere coas inclemencias meteorolóxicas agardables para os vindeiros meses.

Como se pode comprobar nas imaxes adxuntas, o armado de ferro das columnas atópase á vista nalgúns puntos, o que acelera o proceso de oxidación e incrementa o risco de debilitamento da estrutura que sustenta a instalación polideportiva. A beirarrúa anexa tamén presenta un deficiente estado de conservación, cos conseguintes riscos para os viandantes, moitos deles nenos, dada a proximidade do CEIP Castelao e dun parque infantil.

Neste escenario, O partido Popular de Ordes insta ao Concello a efectuar unha revisión inmediata da instalación por parte de técnicos independentes e cualificados, e a acometer a reparación urxente dos danos observados.

A corrosión aflora sobre o verde UXO

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, cuestiona o xeito de proceder do Concello respecto a esta instalación, xa que en lugar de revisar e reparar as verdadeiras necesidades do pavillón, como os danos estruturais agora denunciados, o Goberno de Regos optou por pintalo coa cor de UXO, as siglas do alcalde.

"O Concello, de xeito literal, tratou de ocultar con verde UXO as carencias da súa xestión, pero a corrosión acaba por saír sempre á superficie: aflorou no Pavillón Castelao, e aflora tamén no equipo municipal de Regos e Marín", afirma Martínez Sanjurjo

Deja una Respuesta