16ffaaa1-f3c1-496e-bb2f-5519b01c35f1

O PP apela á unidade do sector para que Muxía sexa un referente turístico

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Muxía nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Sandra Vilela, apelou a unidade do sector para que o municipio se converta nun referente turístico da Costa da Morte.

 

Nunha reunión mantida nos últimos días con membros da asociación turística Muxía Natural, a popular resaltou que o sector turístico é cada día “máis importante” para o desenvolvemento económico do concello, e incidiu na “necesidade”de que o goberno local “traballe man a man”coas distintas asociacións turísticas para potenciar as súas posibilidades.

 

No encontro, que se engloba dentro dunha serie de reunións de traballo que os populares levarán a cabo con diferentes asociacións sociais, culturais e deportivas de Muxía co fin de recavar todo tipo de iniciativas, propostas e ideas para desenvolver no futuro, Vilela destacou a “extraordinaria calidade”dos servizos que ofrecen na actualidade as casas rurais, os hoteis e os restaurantes do municipio.

 

Maís apoio local

“Témolo todo para ser un referente turístico na comarca. Hai bos profesionais e contamos con grandes recursos”,dixo Vilela, quen asegurou que potenciar este sector sería “moi beneficioso”para todos os veciños de Muxía.

 

Por último, e  neste sentido, a candidata dos populares aproveitou tamén para apelar ao apoio do goberno local como elemento “crave”e “esencial”para alcanzar no futuro obxectivos “ambiciosos”neste ámbito económico.

 

 

 

Deja una Respuesta