FOTO REUNIÓN COMARCA BARBANZA

O PP arrinca o curso político co obxectivo de lograr as nove alcaldías do Barbanza

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, asegurou hoxe que a súa formación arrinca o curso político co obxectivo de “fixar unha folla de ruta” que permita aos populares alcanzar as nove alcaldías da Comarca do Barbanza –Ribeira, Noia, Outes, Lousame, Muros, Boiro, Mazaricos, A Pobra e Porto do Son- nas eleccións municipais que levarán a cabo no ano 2019.

Nunha reunión de traballo mantida esta mañá en Lousame cos alcaldes e portavoces dos populares na comarca, e acompañado polo vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, e polo delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, Calvo resaltou que “iniciamos un curso político no que o traballo que fagamos que será fundamental para o resultado que logremos nos próximos comicios locais”.

Neste sentido, o presidente provincial, que se mostrou “convencido” de que serán capaces de recuperar o goberno da Deputación da Coruña e o das tres grandes cidades da provincia –A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol- incidiu, ademais, en que a súa formación ten por diante un “duro ano de traballo” no que a dirección provincial dará a coñecer aos 93 candidatos cos que os populares “sairán a por todas” na totalidade dos concellos da provincia.

“Quédannos menos de dous anos para seguir escoitando aos veciños, para estar a pé de rúa e, ademais, para que, unha vez se formen os equipos, empecemos a dar a coñecer o noso proxecto a todos os veciños”, apuntou Calvo.

9 de 9 no Barbanza
O presidente provincial aproveitou a súa presenza na Comarca do Barbanza para asegurar que o seu partido fíxase un reto de cara ao 2019: “facer pleno nos nove nos municipios. Estou seguro, e así vai ser, de que podemos alcanzar a alcaldía en todos os concellos desta zona”, afirmou.

Sobre esta cuestión, Calvo non dubidou en destacar o bo labor que os populares están a realizar á fronte de municipios como Boiro, Ribeira, Porto do Son, Outes, Lousame e Noia, aos que puxo como exemplo do que debe ser un goberno “serio, responsable e que pensa, por encima de todo, no benestar dos veciños”.
Ademais, o presidente provincial tamén tivo palabras de agradecemento para os portavoces de Muros e A Pobra aos que animou a “seguir co seu labor responsable de oposición”, seguro de que, dentro de dous anos, “as cousas cambiarán para mellor das mans dos populares”.

Deja una Respuesta