oliva

O PP califica de propaganda os Orzamentos Participativos de Ames

A Principios de Xuño, o Grupo Municipal Popular de Ames solicitaba á Tripartito información sobre a marcha dos “Orzamentos Participativos 2018”. O requirimento viña motivado pola propia solicitude de maior celeridade no proceso realizada desde a mesma Comisión de Orzamentos Participativos, así como na ausencia de información, naquelas datas, sobre a cuestión na Web Municipal. O Partido Popular de Ames lembráballe ao Tripartito esta ausencia de información, a pesar de que a formalización do contrato para a implantación e posta en marcha do proceso formalizouse o pasado 10 de xaneiro de 2018.

O 16 de maio xa concluíra o prazo para a presentación das propostas e a principios de xuño aínda non se tiñan coñecemento das mesmas, a pesar de que, desde o 21 de maio, xa estaban en fase de estudo sobre a súa viabilidade.

Pasados uns días desde a solicitude de información, diversos medios de comunicación dan resposta parcial a parte do solicitado polo Grupo Popular. Deste xeito temos coñecemento de que 490 propostas foron presentadas: 103 solicitudes presentadas por mozas, e 387 propostas presentadas para ser financiadas con cargo aos 132.000 € destinados a investimentos no Rural.

Do total das, agora ,102 propostas presentadas polos mozos, segundo noticia do 23 de xuño, 46 foron admitidas, polo que o 54,90% foron rexeitadas por diferentes motivostales como superar a contía económica reservada, ou tratarse de actuacións que non son de competencia municipal.

En canto ás propostas destinadas ao Rural, chama a atención como a Parroquia de Agrón, que nos pasados orzamentos participativos foi excluída ao non presentar ningunha proposta, nesta nova edición encabeza o numero de solicitudes cun total de 159 propostas: o 41,08% do total de propostas presentadas pola totalidade de parroquias, e 102 propostas máis que a Parroquia de Ortoño, a segunda no ránking con 57 solicitudes.

Independentemente de estar á espera de que se dea traslado da información solicitada, e a pesar de non ter aínda coñecemento da totalidade de propostas concretas realizadas para o Rural, a noticia do 23 de xuño tamén recolle que as seleccionadas, sobre as que se decidirá, son un total de 112, polo que máis do 71% das propostas presentadas foron rexeitadas.

Evidentemente esta alta porcentaxe de propostas rexeitadas pon de manifesto dúas cuestións. Por unha banda que as asembleas informativas previas mantidas cos veciños non foron todo o efectivas que deberían selo no relativo á comunicación e difusión dos requisitosque debían cumprir as propostas realizadas para ser tecnicamente viables.

E en segundo lugar, pon de manifesto que para ao Tripartito de Ames os orzamentos Participativos son principalmente un mecanismo propagandístico, de aí a súa actitude en primar por encima de todo o numero de propostas presentadas en lugar da idoneidade das mesmas.

 

Deja una Respuesta