teo

O PP considera inaceptable o talante antidemocrático do alcalde no pleno

O alcalde volve perder os papeis unha vez máis. No momento en que o edil Antonio R. Sánchez abordou o tema da suba de IBI, o alcalde retiralle a palabra sen permitir que rematara a súa intervención. Non foi o único momento no que o rexedor puxo de relevo a súa baixa tolerancia ás voces discrepantes, quen non dubidou en barallar a posibilidade de "mandar á merda" ao PP logo de escoitar a crítica á súa xestión pola problemática da pirotecnia.
Os populares teenses consideran inaceptable o talante antidemocrático que ven manifestando o alcalde en cada pleno, mais pensan que o de onte "foi a gota que colmou o vaso" ata o punto que Sánchez viuse na necesidade de esixirlle ao Sr. Sisto que abandonara os berros que estaba a empregar para dirixirse a eles. A petición de solucións definitivas á pirotecnia recriminando ao alcalde que non chamara unha soa vez en 9 anos aos seus responsables para buscar un remedio definitivo exasperou ao Sr. Sisto, quen puxo de relevo a nula aceptación das críticas dunha oposición que non cumpría máis que a súa responsabilidade de fiscalizar o traballo do executivo.
O grupo popular, dende o momento que recibiu a proposición de moción conxunta da pirotecnia, manifestou o seu apoio sen poñer unha soa condición pola defensa que facía dos intereses da veciñanza. Mais isto non quitou que durante o pleno fixera unha análise crítica dos 9 anos de xestión desta problemática, análise que molestou visiblemente ao Alcalde, ao que iniciou respondendo: "porque temos un obxectivo, porque senón era para mandalos á merda". Consideran impropio dun alcalde que actuase dese xeito "mandando á merda" ao PP simplemente por dar o seu punto de vista acerca de cómo está a xestionar o bipartito a problemática da pirotecnia.

Deja una Respuesta