FOTO VISITA

O PP critica o plantón do alcalde de Arzúa ao delegado da Xunta

O alcalde arzúan, o indempendente José Luis García López, fixo gala unha vez mais do seu escaso respeto institucional e dunha lamentable deixación de funcións ao non acudir á visita que no día de onte realizaron ao concello de Arzúa o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, o Delegado Provincial de Medio Rural e o técnico encargado do proxecto de reestruturación parcelaria para supervisar os traballos que se están a realizar nas parroquias de Dombodán e Branzá. A reestruturación parcelaria da zona Dombodán-Branzá II, supón un investimento total de 2,5 millóns de euros para distribuír 738 hectáreas de monte, facer 30 quilómetros de novas pistas e beneficiar a 538 propietarios.

Dende a Xestora do Partido Popular de Arzúa denuncian que este tipo de desplantes por parte do alcalde José Luis Garcia son frecuentes pois xa non é a primeira vez que non acude á convocatoria que a Xunta ou algunha das súas Consellerías lle cursar para participar en actos institucionais que teñen lugar no concello. Nesta ocasión o alcalde non só non asistiu, senon que dende o concello non se informou aos veciños afectados pola reestructuración parcelaria de que esta visita tería lugar. Tampouco asistiron os vocais dos outros partidos con representación municipal. O Partido Popular de Arzúa, que estivo representado pola secretaria de organización da Xestora municipal, Leyre Aldasoro, considera que “a ausencia do alcalde neste tipo de actos non só supón unha falta de responsabilidade institucional pola súa parte, senón tamén unha mostra de desprezo cara as inversións realizadas pola Xunta de Galicia no concello e unha total falta de respecto aos veciños”.

Deja una Respuesta