muros

O PP culpa da acumulación de residuos en Louro e a deixadez de CxG

A finais do mes de xullo o Partido Popular de Muros denunciou nas redes sociais a acumulación de lixo no punto de recollida de Louro, coincidindo coas festas do Carmen nesa parroquia. Un mes despóis o problema non só non se amañou senón que se agravou considerablemente, como se pode apreciar na imaxe que se achega.

A pesar de existir un servizo de recollida de enseres o certo é que non está a funcionar como debera, xa sexa por disfuncións no sistema ou por descoñecemento da poboación. Neste sentido pedimos nos últimos plenos que se puxera en marcha unha campaña informativa para recordar aos veciños de Muros a existencia deste servizo e como funciona, incluíndo a colocación de carteis informativos nos propios contedores de lixo ou nos puntos de recollida. O goberno local, coa desidia e desinterés que o caracteriza, non fixo nin unha cousa nen a outra. A alcaldesa e os concelleiros de CxG non poden mirar para outro lado, escudándose en que non é o concello o que ten que recoller os enseres.
Outro problema que se ve agravado nestes días de calor é o dos cheiros dos contedores, polo que recibimos varias queixas veciñais. A preguntas dos nosos representantes no pleno, o concelleiro contestou que a empresa concesionaria do servizo era a responsable da limpeza dos contedores, pero que o concello nin supervisaba nin reclamaba o cumprimento desa obriga.

Deja una Respuesta