15a5877b-95be-4594-a09d-18d361672597

O PP de agradece o compromiso da Xunta ca mellora do CEIP de Sigüeiro

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas eleccións municipais que se levarán a cabo no mes de maio, Alexander Doval, agradeceu hoxe o compromiso mostrado polo xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, para levar a cabo melloras nas instalacións do CEIP de Sigüeiro.

 

En concreto, avanzou a posta en marcha da obra para a remodelación dos baños da planta baixa do centro, unha actuación moi demandada pola dirección do centro, a ANPA e apoiada, como lembrou Doval, polo Partido Popular de Oroso.

 

Desta maneira, a Consellería de Educación comprometeuse a que, nas próximas semanas, acudirá o centro unha unidade técnica co fin de coñecer ‘in situ’ o proxecto e programar o inicio da obra.

 

 

 

 

 

Criticas pola pasarela

 

O candidato popular aproveitou tamén para mostrar o seu desacordo co resultado final das obras municipais da pasarela que une o colexio co pavillón. “Xa non imos dicir nada do atraso á hora de poñela en marcha pero, ademais, agora resulta que aparecen charcos, os nenos móllanse cando chove e fai vento e o lugar no que se fixo a actuación non quedou en boas condicións”, denunciou Doval.

 

Ante esta situación, e xa en clave electoral, o popular anunciou que a súa formación levará no seu programa o compromiso para poñer en marcha un proxecto que permita a mellora integral dun centro que conta con máis de 40 anos de vida.

 

“Falamos dun colexio fundamental para o Concello de Oroso que, máis que un lavado de cara, o que necesita é unha reforma –mellora da instalación eléctrica, cambio de xanelas, pintado de paredes e remodelación de patios e zonas de lecer- que lle permita atender ás demandas educativas que existen na actualidade”,afirmou Doval, quen adiantou que o financiamento das obras efectuaríase con fondos propios e coa colaboración doutras administracións.

Deja una Respuesta