foto_coche_abandonado

O PP de Ames esixe ao goberno municipal que retire os vehículos abandonados

O Grupo Municipal Popular ven de solicitar ao Goberno tripartito de Ames que realice a labor que lle corresponde de inspección e retirada de vehículos abandonados no termo municipal, en especial nos lugares frecuentados por nenos.
Dende hai moito tempo, no aparcadoiro situado na Travesía do Porto, case enfronte á Escola de Educación Infantil do Milladoiro, atópase un vehículos abandonado, nun estado de conservación moi deteriorado. O coche en cuestión presenta varios golpes, e, o que é máis preocupante, numerosos cristais rotos.
Cabe salientar que no mencionado aparcamento, durante as fins de semana, numerosas familias se reúnen para levar aos seus fillos a patinar ou andar en bicicleta, polo que é habitual que haxa un número elevado de nenos xogando preto do vehículo en cuestión. Ademais, o aparcadoiro atópase enfronte dunha escola infantil, e moi preto do IES de Milladoiro, polo que resulta ser un lugar de paso continuado de moitos alumnos nas horas de entrada e saída do instituto.
Desde o Grupo Municipal Popular consideramos que a presenza dun vehículo con cristais rotos e sen ventás pode incitar a nenos e adolescentes a entrar no mesmo, o que converte esta zona de lecer nun lugar perigoso para a poboación máis nova.
Por todo elo, o Grupo Municipal Popular solicítalle ao goberno de Ames que proceda á retirada deste vehículo de maneira inmediata, e que ademais realice as oportunas tarefas de inspección en todo o termo municipal para verificar que non existen casos similares. Así, de detectarse máis vehículos na mesma situación que o que se atopa nas inmediacións de dous centros educativos de Milladoiro, os servizos municipais deberán proceder a realizar os trámites oportunos para a súa retirada, en aras de evitar perigos para a veciñanza

Deja una Respuesta