OLI-FOTO

O PP de Ames exige una desculpa ao alcalde tras comparalos coa extrema dereita

O Partido Popular de Ames, encabezado polo súa portavoz, Oliva Agra, esixiu hoxe ao alcalde, José Miñones, unha desculpa pública no próximo pleno municipal e unha rectificación oficial nos medios de comunicación tras acusar aos seus concelleiros de pertencer a un partido de extrema dereita.

Os populares explicaron que as acusacións son consecuencia da moción presentada pola súa formación, xunto con Pacto por Ames, e o concelleiro non adscrito, Francisco Javier López Suárez, na que se solicita a reprobación e dimisión do concelleiro de Educación David Santomil Mosquera.

Tras presentar o escrito, Agra indicou que o executivo local enviou aos medios de comunicación un documento sen asinar con membrete e imaxe corporativa do Concello de Ames no que se recollen estas acusacións.

“Non temos dúbida sobre a autenticidade do escrito. É certo que podían responder desde os grupos políticos que forman o tripartito, pero parece ser que a resposta esixía utilizar a imaxe corporativa que representa ao Concello de Ames e, por tanto, entendemos que o señor Miñones é o máximo responsable do que aí se di”, apuntou a popular.

Así mesmo, Agra subliñou que no mesmo documento acúsase os partidos asinantes da moción de verter difamacións e calumnias contra o señor Santomil, ao acusar ao concelleiro de levar a cabo unha “nefasta xestión” dos asuntos públicos relacionados coa súa concellería, especialmente no referente á supresión da cabalgata de reis.

“Lonxe de recoñecer que suspendera a cabalgata por razóns ideolóxicas , manifestou que a decisión se tomou por motivos de seguridade ante a necesidade de bloquear o paso de vehículos e evitar así un posible atentado”, indicou a popular.

Sobre este asunto, desde o Partido Popular de Ames confirmaron que xa solicitaron o extracto da acta da última Xunta Local de Seguridade para coñecer si este tema foi tratado ou non antes de tomar a decisión de non celebrar a cabalgata de reis.

Insultos nas redes
Ademais do escrito no que se recollen as acusacións de pertencer a un partido de extrema dereita, desde o Partido Popular denunciaron tamén os comentarios vertidos en redes sociais por compañeiros de goberno do señor Santomil, como o socialista Blas García ou a integrante de Contigo Pódese Genma Otero.

“Dan a entender que, polo simple feito de protestar, somos cans que ladran, concelleiros que foron elixidos polos veciños de Ames”, lamenta Agra, quen cualificou de “impropio e intolerable” que membros da executiva local leven a cabo estes comentarios sobre outros compañeiros.

Deja una Respuesta