foto Alberto 1

O PP de Ames solicita á Gas Natural que mellore o abastecemento eléctrico no rural

O Grupo Municipal Popular no Concello de Ames vén de rexistrar unha moción na que solicita á empresa Gas Natural, ou calquera outra que preste servizos de abastecemento eléctrico no municipio, que inspeccione a rede de cara a detectar os puntos que provocan os cortes de subministro de electricidade nas zonas do rural. Así mesmo, o Grupo Popular demanda ás empresas eléctricas que reparen ou substitúan as partes do tendido eléctrico que se atopan en mal estado, así como os postes ou outros elementos sobre o que facilitan o subministro.

A moción do Grupo Popular lembra que os cortes de subministro no rural de Ames son continuos desde hai moitos anos, en especial nas datas en que as condicións meteorolóxicas son adversas, ben sexa por choiva ou vento. En concreto, durante o presente mes de febreiro os cortes de subministro eléctrico afectaron a varios núcleos do concello, como Pedrouzos, Bugallido ou Tapia, pero os problemas eléctricos tamén se viven con asiduidade noutras zonas como Ventosa, Cobas, Ames ou Piñeiro.

Estas continuas interrupcións eléctricas dificultan o normal desenvolvemento das actividades dos veciños nos fogares afectados, chegando en moitos casos a causar prexuízos económicos importantes.

A principal causa destes cortes eléctricos é a antigüidade do tendido eléctrico, polo que desde o Grupo Municipal Popular apoiase ás reclamacións que os veciños teñen feito á empresa Gas Natural para que actúe de maneira efectiva e solucione os problemas eléctricos nas zonas do rural de Ames

Deja una Respuesta