12 Rafael Rivadulla Varela (ARZUA) (2)

O PP de Arzúa cuestiona a xestión do Servizo de Axuda no Fogar

O Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Arzúa está a ser prestado pola mesma empresa que até o de agora despois do vencemento do anterior contrato. A contratación debería terse realizado como contrato de servizos (de procedemento aberto e tramitación ordinaria), pois o prego de cláusulas administrativas do ano 2015, cando se licitou o contrato por primeira vez, recollía que “Antes de terminar a duración o Concello procederá a convocar unha nova licitación para adxudicar un novo contrato”. Sen embargo, todo parece indicar que o servizo se está a prestar mediante contrato pola vía de urxencia.

O Partido Popular de Arzúa denuncia que esta situación é o resultado do desleixamento  do Alcalde, e que se descoñece o que está a custar ao concello esta xestión e cal será a súa duración, cando pola vía normal de concurso os prezos deberían ser máis acordes a prezos actuais e de mercado. Con anterioridade a prestación do Servizo de Axuda no Fogar estaba a supoñer uns 22.700 €/mes.

Rafael Rivadulla, candidato do PP ás eleccións municipais de maio, pregúntase tamén “que pasa co control das queixas de usuarios e a observación de execución por parte do Concello das condicións nas que se desenvolve o servizo” e solicita que se fagan públicos tamén os contratos menores e de urxencia a partires do 17 de febreiro na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Sobre estas cuestións o Partido Popular de Arzúa solicitou información mediante o Rexistro do Concello.

Deja una Respuesta