O PP de Arzúa denuncia uno novo atraso das clases no Conservatorio de Música

O Partido Popular de Arzúa denuncia a desatención do Conservatorio, dado que o goberno de Alternativa por Arzúa debería ter convocado antes tres prazas para cubrir o profesorado e comezar na data prevista tódas las clases.

Dado que a convocatoria para a provisión de prazas contiña erros nas bases na súa primeira publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 16 de agosto, tivo que procederse a unha segunda publicación coa corrección, o 22 de agosto, atrasándose máis o proceso.

As clases dos profesores pendentes de contratar son das máis demandadas, co cal o número de alumnos xa matriculados e prexudicados por esta situación é alto.

Segundo o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Rafael Rivadulla “o goberno de Alternativa por Arzúa” debería ter en consideración o prexuízo que se ocasionou aos alumnos matriculados, dado que pagaron integramente a matrícula, e sen embargo desfrutarán de menos horas que o resto de alumnos, non podendo recuperar as horas perdidas polo atraso no inicio das clases.

Indican os Populares que no Pleno do 5 de setembro o alcalde, ante a pregunta dos populares sobre o inicio previsto das clases no Conservatorio, contestou que non cría que fosen a producirse atrasos e comezarían en tempo. As clases iniciáronse o día 16 de setembro, salvo aquelas clases sen este profesorado.

Segundo Rivadulla, “polas nosas estimacións, segundo os trámites administrativos e os prazos que deben deixarse transcorrer, estas clases poderían comezar con tres meses de retraso”.

Os populares de Arzúa esixen depurar responsabilidades neste novo atraso, por segundo ano consecutivo, no inicio das clases no Conservatorio, e compensar de algún modo aos alumnos prexudicados.