IMG_20190827_191226_cr

O PP de Arzúa pide máxima alerta para evitar incendios

O Partido Popular de Arzúa solicita ao goberno de Arzúa que se aplique a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais, modificada pola Lei 7/2012 de montes de Galicia, e así o fixo mediante o Rexistro municipal.

Esta lei esixe que, en torno ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable se amplíe de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar rozada e onde non pode haber especies pirófitas.

Temos constancia e observamos moitos exemplos que esta lei non se aplica polo goberno municipal, dirixido por José Luis García, nin no núcleo urbano nin no resto do territorio. Agrávase ademais pola inexistencia de cuadrilla de incendios, ao non solicitala o Concello á Xunta.

O portavoz do grupo municipal popular, Rafael Rivadulla, advirte que “o equipo de goberno ten a responsabilidade de facer efectiva dita lei, e a corresponsabilidade no caso de producirse accidentes materiais e persoais por mor desta cuestión”, como incendios ou climatoloxía adversa, máxime cando hai denuncias previas, o que denota deixamento nas súas funcións.

Recomendan aos denunciantes que, de non ser atendidas as súas demandas, insistan ou interpoñan un recurso contencioso administrativo contra o Concello para forzar a aplicación da Lei 3/2007.

Esixen os populares que se dea solución coa maior brevidade e se sumen ao igual que mais de 200 concellos de Galicia á sinatura dun convenio coa Consellería do Medio Rural para a protección das aldeas e para formar a persoal dos concellos para o emprego dunha aplicación informática, “Xesbio”, que facilita a xestión da biomasa forestal preto das vivendas, as notificacións aos titulares das parcelas afectadas e xerar un documento de adhesión dos particulares ao contrato de xestión da biomasa.

Deja una Respuesta