12 Rafael Rivadulla Varela (ARZUA) (2)

O PP de Arzúa pide una modificación do IBI

A Xestora do Partido Popular de Arzúa fai pública a súa intención de levar ao próximo pleno ordinario a proposta de modificar a ordenanza fiscal sobre o Imposto de Bens Inmobles, que data de 2013, para así axudar a reducir e mesmo facilitar que os contribuíntes apracen o pagamento deste imposto.

Nas últimas semanas estanse a producir queixas dos veciños e veciñas do municipio pola sorpresa na recepción de cartas de pagamento do imposto, actualizando e reclamando pagos dos últimos catro anos.

O Partido Popular coincide con voa parte da veciñanza en sinalar que o Concello tería que ter dado difusión a este feito coa antelación suficiente, pois a inclusión do concello de Arzúa no procedemento de regularización catastral colectiva fíxose pública mediante publicación no BOE do 30 de decembro de 2016, fai xa case tres anos.

O Real Decreto Lexislativo 2/2004, da Lei Reguladora das Facendas Locais permite o establecemento de exencións e de bonificacións potestativas de ata un máximo do 50 ou 95% segundo condicionantes dos bens. Mesmo o tipo de gravame do concello podería reformularse (actualmente hai de tipo 0,5% para bens os de natureza rústica e urbana e 1,3% para os de características especiais).

Dende a Xestora do PP arzuán tamén recomendan aos veciños que reclamen calquera erro que observen nas facturas de pagamento recibidas, ben porque se poidan acoller a bonificacións obrigatorias, facendo expresamente a solicitude, ou ben para aqueles casos nos que se recibiron reclamacións de máis de 4 anos, prazo máximo ao cabo do cal prescribe a reclamación de débedas anteriores.

Así pois, os Populares proporán para o vindeiro pleno ordinario (que terá lugar a finais de agosto ou setembro) a modificación da ordenanza reguladora do IBI, en beneficio dos veciños e veciñas de Arzúa.

Deja una Respuesta