FOTO VISITA INDALECIO CABANA

O PP de Boimorto agradece as melloras comprometidas pola Xunta no CPI Armando Cotarelo Valledor

O grupo municipal do Partido Popular de Boimorto, encabezado pola alcaldesa, María Jesús Novo, agradeceu hoxe as actuacións comprometidas polo xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, e que afectan á mellora das instalacións do CPI Armando Cotarelo Valledor.

En concreto, e tras a visita ao centro realizada o pasado venres polo xefe territorial, a popular confirmou que o goberno autonómico farase cargo das obras para o pintado do comedor, unha actuación que Novo cualificou de “moi necesaria” e que permitirá mellorar non só a estética da sala, senón que tamén acabar as humidades que existentes.

Ademais deste proxecto, Novo subliñou que, nos últimos anos, a Xunta de Galicia levou a cabo tamén o cambio de escaleiras de emerxencia do centro, a construción duns aseos novos e a mellora do parque infantil. “Todas estas actuacións contribuíron a mellorar o centro e, por tanto, e o máis importante, a ofrecer mellores condicións a todos os alumnos”, indicou.

35.000 euros do concello

Ademais de todos estes proxectos, a rexedora de Boimorto lembrou que o seu goberno municipal investiu tamén máis de 35.000 euros para financiar diferentes actuacións dentro do CPI Armando Cotarelo Valledor.

Entre elas, Novo puxo en valor o proxecto que permitiu o pintado da fachada e o peche do patio, así como o cambio do arenero do parque infantil. “Son pequenas actuacións que, con todo, supoñen melloras importantes tanto para a seguridade dos alumnos como para o desenvolvemento das diferentes actividades que levan a cabo o centro”.

 

 

 

 

 

Deja una Respuesta