O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Cedeira, Luís Rubido, denunciou hoxe a existencia de diferencias “inexplicables” nos ingresos do polideportivo municipal.
En concreto, os populares aseguran que non consta o ingreso de ningunha cantidade de cartos en efectivo xerados pola utilización e aluguer de pistas de pádel, fútbol sala, ximnasio e material dun período de casi sete meses.
“A responsabilidade e a realización de ditos ingresos é única e exclusiva de dous políticos, os cales por iniciativa propia e de forma irregular, asumiron estas funcións, que legalmente non lles correspondían”,explicou Rubido.
Asi mesmo, o popular asegura cun informe intervención deixa claro que “non figuran nin ingresos nin relación de ingresos do que se recaudan en metálico no polideportivo directamente nin explicación que o motive”
O Partido Popular de Cedeira, ante o estado de contas, iniciou unha investigación na que pediu informes complementarios sobre a situación, despois de detectar nun primeiro informe esta “gravísima situación”.
Dende o PP asefuran que seguirán traballando para que se chegue o final da investigación e se depuren tódalas responsabilidades polo ben dos veciños de Cedeira