IMG_1971

O PP de Cee suma 50 afiliados no obxectivo de abrir as portas do partido

Os integrantes da xestora que está á fronte do Partido Popular de Cee anunciaron hoxe que a súa formación sumou nas últimas semanas 50 novos afiliados como resultado da primeira rolda de contactos levada a cabo cos veciños do municipio, e que ten como obxectivo “abrir as portas do partido a todas as persoas que queiran sumarse ao novo proxecto”.

 

Os populares, que se marcaron como reto para antes das municipais duplicar o número de afiliados –actualmente situado en algo máis de 200, subliñaron a “importacia”da chegada dos novos afiliados nun momento “complicado e de cambios para a formación”, e aproveitaron a ocasión para “agradecer”a todos eles o “compromiso mostrado e, sobre todo, o feito de que non nos dean as costas, demostrando que o partido está moi vivo. ”.

 

Neste sentido, desde a xestora incidiron en que o Partido Popular é  o  “mellor garante e o mellor representante do espazo de centrodereita”,e comprometéronse a seguir traballando para conformar un equipo “amplo, forte e de garantías”para afrontar o reto das municipais do próximo ano.

 

A chegada destes novos 50 afiliados é o punto de partida do que virá máis adiante”,indican desde a xestora, onde están convencidos de que as próximas reunións servirán para “convencer aos veciños de Cee que o Partido Popular é a única alternativa fiable para facer fronte a un goberno municipal completamente caduco”.

 

 

 

Deja una Respuesta