melide

Instan ao PSOE de Melide a que estudie os expedientes antes de requerir máis documentación

O PP de Melide saliu hoxe a defender a labor do goberno municipal, respecto a tramitación do expediente de biomasa, ao entender que o proceso está axustado coa lei e, o máis importante, cos tempos para a súa tramitación administrativa.
Dende as filas dos populares melidenses instan ao PsdG-PSOE a ser independente doutras formacións políticas, como o BNG, que xa se tiñan manifestado neste asunto coa visita de deputados parlamentarios. Unha acción que repetiu inmediatamente o voceiro do PsdG-PSOE coa súa homóloga socialista no parlamento galego, mostrando unga vez máis o pouco orixinal que son nas súas actuacións.
Os populares sublimaron que no pleno, onde se trataron os temas relativos a rede de calor limpa de Melide, acordouse por unanimade dos tres grupos políticos presentes na corporación requerir ao INEGA información ao respecto do expediente tramitado neste organismo autonómico.
Coa máxima celeridade posible, dito ente procedeu a contestar o requerimento plenario cunha trascripción do que consta no expediente, deixando moi claro que as circunstancias polas cales se accedou á subvención de redes de calor limpo cumpren todas e cada unha das condicións estipuladas pola Resolución do 11 de agosto de 2016 (DOG nº 171 de 8 de setembro de 2016), orde de axudas en concorrencia competitiva, publicada no Diario Oficial de Galicia, e cos requisitos establecidos ao efecto para todas e cada unha das empresas que quixeran participar, ao igual que o fixo o Concello de Lugo, gobernado polo PsdG-PSOE ou Ponteareas gobernado polo BNG.
Dende o Partido Popular de Melide entendemos que tratar de desprestixiar, así como de distorsionar a información sobre o expediente e todos e cada un dos seus pasos dados neste asunto, é máis propio dunha oposición que busca a rendabilidade política, que dunha oposición responsable cos veciños e veciñas de Melide, que merecen toda a verdade.
Neste sentido, os populares aseguran que se o PsdG de Melide quere xulgar os acontecementos debería, primeiro, tomarse un tempo para o estudo procedimental do expediente.
Sen embargo, dende o PP lamentan ter que estar acostumados a que os socialistas se manifesten sobre temas que nunca solicitaron consultar, así como sobre cuestións nas que se pon de relevo que non se posúen a capacidade para desmenuzar á realidade pública.
É sabido por todos que as administracións deben poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos para a súa consulta, así como respostar conforme ao solicitado por un acordo plenario municipal.

O Inega, feita a solicitude polo Concello de Melide conclúe que este proceso foi arquivado e que a empresa renuncipu á axuda concedida, un feito que confirma que o PSOE de Melide parece querer afondar en cuestións que xa fai preto dun mes que están resoltas.
Pola súa banda, os populares melidenses defenden a xestión do goberno local neste asunto, e puntualizan que están a disposición dos veciños, pensando no futuro, traballando no presente e non en cousas que xa están resoltas nas que so se pretende deformar a realidade.

Deja una Respuesta