muros

O PP de Muros mostra a súa preocupación pola política de persoal do Concello

No pleno de onte pregúntamoslle a Sra Alcaldesa pola política de persoal que está a facer o seu goberno. Non soubo contestar. O descontrol chega a tal punto que levan un ano traballando para aprobar as categorías profesionais do persoal laboral temporal sen saber que ese documento xa está aprobado e incluído nos orzamentos 2015 como Plantilla de personal.

Na comisión de personal do día 21/11/2016, convocada cun unico punto da orde do día “Aprobar as categorías profesionais do persoal laboral temporal”, presentou un documento, segundo indica aprobado por unanimidade na mesa xeral de negociación do persoal laboral do Concello, no que achega unha relación de postos e as categorías asignadas. Indica que lles dou moito traballo facelo, e que levan un ano traballando nese tema.

A preguntas do grupo popular afirma que neste momento non existen categorías profesionais no concello, polo que o primeiro paso que hai que dar é aprobar esa proposta. A portavoz do grupo popular faille entrega dunha copia da plantilla de personal aprobada polo pleno, na que aparecen as categorías do personal funcionario, e laboral fixo e temporal. E resultou que o grupo de goberno NON SABÍA QUE EXISTÍA ESTE DOCUMENTO e levaba un ano traballando na elaboración dunha proposta que XA EXISTÍA E ESTABA APROBADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN, unha corporación á que pertencía a actual alcaldesa. Ante a evidencia a Alcaldesa dí que non sabía que existía a plantilla de personal e decide retirar o punto da orde do día.

O grave deste asunto non é tanto que alegue inorancia, cando foi durante catro anos concelleira de persoal e actualmente é a xefa de persoal, senón que a sua ineptitude está a causar un perxuízo grave aos traballadores do concello. Négase a recoñecer e pagar os trienios porque dí que non hai categorías profesionais, o que non é certo, e como só se pode reclamar a antiguidade dun ano para atrás, tódolos traballadores que poderían estar cobrando a antiguidade, levan un ano perdido, mentras o goberno local lles marea a perdiz e anda dando paus de cego.

Hai que recordar ademáis que fixo unha reordenación do persoal de limpeza que acabou nos xulgados, dándolle a razón aos traballadores. En fin, que a xestión de persoal non é o seu, aínda que sexa ela a xefa de persoal.

Esto, unido ao abandono no que está o concello, ao incumprimento reiterado dos acordos plenarios, a incapacidade para elaborar uns orzamentos creíbles e solucionar as cuestións do día a día, fan que cada día a credibilidade da Sra Alfonso sexa máis cuestionable.

Deja una Respuesta