muros

O PP de Muros presenta varias propostas para levar a cabo con POS +

Ante a falta de iniciativa do goberno de Compromiso por Galicia, o grupo popular muradán presenta unha proposta para a convocatoria do plan provincial.

O BOP do 29 de novembro de 2016 publicou as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2017”. A asignación aos concellos ven repartida en tres conceptos:

Achega provincial 2017 – 330,880,87 €
Achega provincial 2016 – 203.619,00 €
Préstamo provincial 2017 -218,890,42 €

En total suman a cantidade de 753.390,29 euros. Este programa ven a sustituir ao POS, PAS e PAI doutros exercicios, que o ano pasado para o concello de Muros asignou un total de 803.004,34 €. E evidente que a cantidade que se lle asigna ao noso concello disminúe respecto do exercicio 2016, nun importe que ronda os 50.000 euros.
O certo é que dado que o executivo local decidiu renunciar ao PAI no ano 2016, que recordemos ascendía a 219.333,65 euros, o concello beneficiouse únicamente dos fondos do POS e do PAS. No pleno do mes de novembro de 2015 o grupo popular pedía que se destinaran estes fondos a solucionar os problemas de saneamento que afectaban á praia da Virxe do Camiño, cos conseguintes perxuízos medioambientais e económicos que isto supón para un concello como o noso. Finalmente, no mes de decembro aprobouse destinar o POS á obra Infraestruturas hidraúlicas na Rocha, e o PAS ás obras de Infraestruturas hidraúlicas en Boavista, Baño e Esteiro.

O prazo para presentar as propostas para este POS+ remata o próximo 24 de febreiro, sen que a data de hoxe o executivo local de CxG iniciara ningún diálogo nen fixera ningunha proposta sobre o destino destes fondos.

Dende o grupo popular municipal presentamos ao longo do exercicio pasado varias propostas de actuacións que en moitos casos foron aprobadas por unanimidade, polo que entendemos que alomenos esas obras, que contaron co voto a favor de todolos membros da corporación, deben terse en conta á hora de diseñar este plan. Por outra parte fixemos numerosas intervencións e preguntas nas sesións plenarias sobre outras actuacións necesarias e urxentes. A nosa proposta pretende que se inclúan as seguintes actuacións:

1º Que se inclú entre as obras a financiar con cargo a este plan o acondicionamento do cemiterio municipal da Atalaia.

2º Que se inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan a retirada do palco da praza do Cristo de Tal e acondicionamento do espazo para o seu disfrute polos veciños.

3º Que se inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan a mellora das instalacións do Campo de fútbol Eleuterio Balayo, en particular vestiarios e cantina.

4º Que inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan a habilitación dun punto de recollida de residuos urbanos na estrada do convento de Louro, onde actualmente están depositados residuos de todo tipo dende o verán, similar ao habilitado na Virxe do Camiño.

5º Que se inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan o Camiño da Fonte na parroquia de Torea.

6º Que se inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan a regulación do tráfico e aparcamentos dende a Alameda de Esteiro ata o Artón.

7º Que se inclúa entre as obras a financiar con cargo a este plan a recollida de pluviais da estrada da Igrexa de Abelleira.

Deja una Respuesta