O PP de Noia censura que a Rúa Xuíz Falcone siga pechada e pérdanse 80 plazas de aparcamento

Novo capricho persoal do sr. Guerrero. Non hai outra definición para o despropósito que dende abril do 2013 estamos a padecer tódolos noieses co anunciado miniparking da rúa Xuíz Falcone. Aos problemas cotiás de aparcamento que padecemos todo o ano en Noia, súmase a escasez de prazas en datas tan sinaladas como as festas de San Marcos 2013, Feira Medieval 2013, as festas do Carme 2013, as festas patronais 2013 e as mesmas do ano 2014. Son varios os feitos que este novo despropósito do sr. Guerrero e os partidos que sosteñen o tripartito adquira visos de ridículo histórico: 1. Rotura do acordo que tanto costou acadar entre PP, PSOE e BNG para ubicar o párking soterrado na rúa Rosalía de Castro, acorde co proxecto presentado polo Partido Popular xa en maio do 2007. 2. Con esta nova ubicación son xa 7 as promesas distintas do sr. Guerrero para a ubicación do párking dende a súa chegada á corporación no 1.999, algo que os cidadáns poden rescatar das hemerotecas: urbanización Tubos, rúa Pedra Sartaña, peirao do Marqués, malecón de Gasset, UA3 de San Lázaro, rúa Rosalía de Castro e agora rúa Xuíz Falcone.
3. Este mesmo luns, 18 de agosto, o Alcalde recoñeceu en Xunta de Voceiros que non existe o proxecto do aparcadoiro soterrado. Nin o principal partido da corporación municipal nin os empresarios, pero o que é máis grave, nin o Página 2 de 2
grupo de goberno teñen a día de hoxe o proxecto do anunciado minipárking, despois de ano e medio coa rúa pechada ao tráfico e ao aparcamento. 4. O tripartito xustificou xa 50.000 € de gasto sen ter feito nada na rúa. Dos 300.000 € que o tripartito acordou destinar para a excavación do minipárking, xustificaron 50.000 € coas "catas" realizadas e nos orzamentos do 2014 reflectiron os 250.000 € restantes. 5. Pretenden facer a excavación cunha simple memoria, sen proxecto para a infraestrutura, para o que pretenden gastar 112.000 €, tal como pode apreciarse no cartel colocado a pé de rúa nestes días. 6. Quedou demostrado que o Alcalde non so enganou aos cidadáns senón que mentiu alomenos en tres cuestións: a) Foi el mesmo quen prometeu na campaña electoral que si na primavera do 2013 non tiña empezado o párking, dimitiría. En agosto de 2014 non hai nin proxecto. b) Foi el mesmo quen en sucesivas xuntas de voceiros, plenos e medios de comunicación anunciou novos e novos prazos de presentación do proxecto do minipárking, todos eles incumpridos. b) Foi el mesmo quen tentou xustificar o feito de rachar o acordo da rúa Rosalía en que non dispoñía da titularidade da rúa, ao cal a Consellería de MATI respondeu ao momento que en canto se abrise á circulación a variante, se oficializaría o cambio de titularidade da rúa. O Partido Popular de Noia presentou unha moción o 27 de xuño deste ano para que unha vez aberta a variante o 4 de xullo se retomase o acordo e se iniciasen os trámites do cambio de titularidade da rúa. O tripartito rexeitou a moción. Xa non hai escusa para botar a culpa aos demais de non facer o párking na rúa Rosalía. Por último, o Partido Popular quere trasladar ás ducias de empresarios e hostaleiros que individualmente piden unha solución a este tema que a única vía para facer reflexionar ao tripartito é que se unan nas súas reivindicacións e utilicen a patronal que os representa para facelas públicas e esixir unha rectificación á coalición tripartita.

Deja una Respuesta