O PP de Noia realiza a terceira visita ás obras solicitadas polos veciños de Taramancos

O voceiro e presidente do Partido Popular de Noia acudiu a inspeccionar a marcha das obras comprometidas fai exactamente dúas semanas, trala segunda visita á zona o pasado luns 26 de maio á que acudiu o conselleiro de MATI, a Directora Xeral de Infraestruturas e o xefe de obra.

No transcurso da visita tivo ocasión de reunirse con seis veciñas da zona que lle trasladaron a súa satisfacción pola premura coa que se dou resposta ás súas demandas. Ampliouse o radio da curva de acceso ao paso superior ata onde Patrimonio delimitou a zona de cautela dos achádegos arqueolóxicos, correxindo a estética do vial veciñal nese punto (ver fotografías).

As obras do paso inferior tamén avanzan a bo ritmo. Finalmente ampliáronse as dimensións do paso ata os 2,50 metros de anchura e onte mesmo procedeuse ás labores de recheo unha vez finalizadas as labores de encofrado e cimentación.

Por outra banda celebramos que as obras de asfaltado vaian a un ritmo moi alto, posto que tanto a ponte completa, os accesos e a zona de Taramancos ata chegar á zona do novo paso subterráneo están xa asfaltadas. O xefe de obra aseguraba no día de onte que de non ser por estas obras de última hora, onte terían as labores de asfaltado rematadas ata a confluencia da variante coa AC-550 na entrada de Boa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una Respuesta