pp ordes

O PP de Ordes felicítase pola licitación das obras de acceso a Queis

O Partido Popular de Ordes felicítase pola publicación, no Boletín Oficial do Estado (BOE) de hoxe, da licitación das obras de mellora da intersección da estrada N-550, á altura do PK 41+200, de acceso ao núcleo de Queis, na parroquia de Montaos, por un importe de 206.940,89 euros.

A licitación foi efectuada polo Ministerio de Fomento, a través da Sociedade Estatal de Infraestruturas do Transporte Terrestres (SEITT). As obras permitirán mellorar a seguridade viaria na zona, ademais de traducirse nunha maior comodidade para os condutores que habitualmente teñen que efectuar ese desvío e que, ata o de agora, se ven obrigados e efectuar un longo desprazamento por mor dunha liña continua que impide o xiro.

O PP de Ordes agradece a sensibilidade amosada polo Ministerio de Fomento respecto a esta necesidade dos veciños de Montaos e agarda que a obra se faga realidade nun breve prazo, xa que o anuncio publicado no BOE (https://www.boe.es/boe/dias/2015/10/06/pdfs/BOE-B-2015-29878.pdf) determina breves prazos para a presentación de ofertas e para a execución dos traballos licitados.

A execución desta obra fora xestionada polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, coa senadora María Jesús Sáinz e coa deputada Marta González, e o propio rexedor volveu trasladar a petición ao presidente do Goberno o pasado 14 de agosto cando este visitou a vila.

Os populares de Ordes consideran que a licitación do acceso a Queis desde a N-550 acredita, unha vez máis, que o Partido Popular está a cumprir os compromisos adquiridos coa veciños e veciñas deste Concello

Deja una Respuesta