ordes

O PP de Ordes pide a dimisión da voceira de UxO por mentir no pleno

O Partido Popular de Ordes respecta a dimisión presentada pola concelleira socialista, decisión que considera un efecto secundario do pleno extraordinario celebrado este martes, no que a agora ex edil votou “tapando o nariz” as propostas de UXO encamiñadas a “facer caixa e encher o peto” dos concelleiros da oposición a costa incrementar o número de comisións.

“Desde o PP de Ordes, respecto absoluto pola decisión de Verónica Gómez , que demostra conservar a dignidade da que outros se desprenderon para cobrar máis dietas”, afirman.

Os populares de Ordes consideran que a “felonía” impulsada por UXO provocou un descontento xeneralizado entre a veciñanza do Concello, por tratarse dunha pretensión inadmisible para calquera persoa que teña un mínimo de principios. Esta situación tradúcese tamén nun descontento das bases socialistas polo apoio prestado a UXO e aos tránsfugas pola súa única concelleira en Ordes. E advirten os populares que a credibilidade do novo concelleiro socialista seguirá en entredito no caso de que opte por continuar apoiando propostas e políticas como as votadas o pasado martes.

¿Cando dimite Silvia Marín?

O PP de Ordes continúa agardando a que a portavoz de UXO presente tamén a súa dimisión, logo de se ter comprometido a abandonar a Corporación local no caso de que o alcalde puidese demostrar que o anterior Goberno local de Manuel Regos xerou unha débeda superior a 9 millóns de euros. Aínda que no Pleno extraordinario a portavoz de UXO situou a débeda en só 5 millóns de euros, o Informe da Conta Xeral de 2011 cifra a débeda total (curto e longo prazo) en 10.180.086,29 euros a 31 de decembro de 2011.

Dado que semella que Silvia Marín padeceu un episodio de intencionada desmemoria no Pleno extraordinario, o informe está á súa disposición no Concello.

No Informe da Conta Xeral de 2011, a propia Intervención Municipal concluía advertindo do incumprimento do Plan de saneamento do Concello, dato revelador que UXO tamén semella ter esquecido.

O Goberno do PP resolve os problemas herdados de UXO

O PP local contrapón a xestión chapuceira do anterior equipo de UXO, e mesmos os intentos de obstrución liderados por Silvia Marín e Manuel Regos nas últimas semanas, coa capacidade do actual alcalde popular, Martínez Sanjurjo, por solucionar carencias históricas de Ordes como o estado calamitoso da estrada de Cerceda. Os propietarios dos terreos afectados cobrarán os depósitos previos a principios do vindeiro mes de abril e as obras comezarán de seguido.

Deja una Respuesta