IMG_3011

O PP de Oroso levará ao próximo pleno unha baixada dos impostos municipais

O portavoz do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, anunciou hoxe que o seu grupo municipal levará, ao pleno que se celebrará o vindeiro xoves, unha proposta para que o goberno local baixe os impostos municipais.

Segundo explicou o Doval, o Concello de Oroso, seguindo o exemplo do goberno central e do autonómico, debe achegar "o seu granito de area" para consolidar a recuperación e permitir que os veciños teñan "un maior poder adquisitivo".

Neste sentido, o portavoz dos populares explicou que a súa proposta afectará á redución do imposto de actividades económicas, IBI, imposto sobre os vehículos de tracción, o que ten que ver coa construción, instalación e obras, e ao imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

"No Partido Popular de Oroso contamos con cifras que avalan a rebaixa destes impostos garantindo a viabilidade económica do municipio", apuntou Doval, quen asegurou que esta medida "mellorará a calidade de vida dos cidadáns".

Deja una Respuesta