CONGRESO LOCAL OROSO

O PP de Oroso pide que o goberno local baixe os impostos no 2018

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, volveu a pedir que o goberno local inclúa nos orzamentos do 2018 unha rebaixa nos tipos impositivos do IBI (Imposto de Bens e Inmobles), do IAE (Imposto de Actividades Económicas), do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) e do IVTM (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica). Ademais, os populares demandaron tamén a supresión do Imposto sobre o incremento de Valor de Terreos de natureza urbana, coloquialmente chamada Imposto de Plusvalía, ao que cualificou como “auténtico atraco”.

Doval defendeu que a redución destes impostos contribuiría a incrementar o poder adquisitivo das familias, ademais de favorecer e fomentar a implantación de novas empresas e negocios no Concello de Oroso.

“Ao final, do que estamos a falar é de crear máis riqueza, de conseguir que os veciños teñan máis liquidez económica e así para afrontar con máis alivio o seu día a día”, explicou o portavoz popular.
Doval aproveitou tamén para criticar as múltiples estatísticas que soe utiliza o rexedor, Manuel Mirás, para xustificar a súa decisión de non reducir a presión fiscal sobre os veciños de Oroso.

“O señor Mirás poderá darlle as voltas que el queira, pero a estatística que coñecen e que sofren os veciños é a dos recibos que chegan ás súas casas e ás súas empresas”, dixo o popular.

Deja una Respuesta