c65f4fc8-7195-42ef-b54d-b547b3042d14

O PP de Teo acusa ao alcalde de ocultar a sentenza de Viaqua durante días

Rafael Sisto confirmou no pleno de onte que o documento chegou a él a pasada semana. Os populares denuncian terse “enterado pola prensa” dunha sentenza “de máximo calibre” e pregúntanse qué tiña que ocultar o alcalde para non ter convocado unha Xunta de Portavoces na que se explicara a situación. Para os populares resulta “delator” o cambio de discurso dun alcalde que tomou a decisión “por puro capricho, sen pensar un só segundo na veciñanza”.

En resposta ás preguntas realizadas polos populares no pleno de onte, o máximo mandatario teense deu a coñecer que a sentenza de Viaqua chegou ás súas mans a pasada semana. Considerando que o contido da mesma trascendeu á opinión pública a través da prensa este mércores, os populares pregúntanse por qué o alcalde ocultou á veciñanza a sentenza máis importante dos últimos dez anos. “Qué é o que tiña que ocultar?”, pregunta o principal partido da oposición, para quen non concorda a mensaxe positiva que trasladou onte a Alcaldía con esta actitude de ocultación. “Se a sentenza fora tan favorable como quere facer ver o Sr. Sisto, él mesmo tería dado luz e taquígrafos, pero fixo exactamente o contrario. Ocultouna.”, afirma José Manuel Guerra.

Ao fío da cuestión, os populares denuncian a falta de respecto e de transparencia cara a veciñanza e os demáis grupos da oposición por terse enterado “pola prensa” dunha nova de tal calado.

O alcalde leu a sentenza con gafas de realidade virtual”

Os populares teenses manifestan o seu estupor pola lectura feita pola Alcaldía acerca da sentenza. Nesta liña, o concelleiro Antonio Reyes ironizou afirmando que o Sr. Sisto “leu a sentenza con gafas de realidade virtual” xa que supón unha "gravísima amenaza aos intereses da veciñanza".

En palabras do concelleiro, "á espreita do que se determine na execución da sentenza, o único certo é que os veciños poderíamos quedar privados de servizos e obras importantísimos por culpa dun capricho do alcalde. Por culpa dun arrebato ideolóxico no que non se pensou nun segundo sobre as consecuencias na veciñanza".

José Manuel Guerra incide asemade no “delator” cambio de argumento do rexedor teense quen “ata hai días contaba con gañar millóns de euros co proceso e agora admite un escenario totalmente diferente”. "Logo de estar dous anos repetindo que o saldo sería favorable en dous millóns de euros para o concello, onte xa reduciu esa cifra a "pequenas cantidades", qué será o seguinte?”, pregúntase o lider dos populares.

 

 

 

Deja una Respuesta