teo

O PP de Teo apoia a creación do colector Espasande-Insua

Esta tarde terá lugar unha comisión informativa extraordinaria previa ao próximo pleno para abordar a execución dun colector entre os lugares de Espasande e Insua. Dito colector permitirá recoller augas fecais eliminando as depuradoras ubicadas actualmente nestas dúas aldeas e realizando unha nova en Insua alonxada do núcleo poboacional. Á espera de coñecer o proxecto definitivo, está previsto realizar unha senda peonil sobre a súa superficie.

Ante esta nova execución, Jose Manuel Guerra manifesta a súa plena satisfacción porque con ela se responde a varias demandas históricas do Partido Popular.  Por unha parte, cúmprese coa eliminación da depuradora de Insua, actuación que se demandou con insistencia na pasada lexislatura. Por outra parte, procedese de igual xeito coa de Espasande, co que se axuda a eliminar os problemas de malos olores na zona, denunciados tamén polos populares teenses. A maiores disto, vai levarse a cabo unha solución proposta na pasada campaña polo Partido Popular paran a realización dunha senda peonil aproveitando a execución da obra.

Non obstante, no exercicio de oposición responsable e vixiante, tras os importantes problemas de execución producidos o pasado ano nas sendas de Calo, o Partido Popular seguirá de preto todo o proceso de realización deste colector en Luou e non permitirá os erros que se cometeron en aquelas.

Deja una Respuesta