IMG_4020

O PP de Teo carga contra o Concello polos arranxos da Xunta en centros educativos

Mareas de Teo e PSOE deron a coñecer a súa auténtica cara negándose a solucionar os problemas dos centros educativos cando se trata de arranxos que lle competen a eles. A concelleira de educación e cultura constata novamente que descoñece as súas propias competencias en materia educativa. Pilar Fagil informou de importantes carencias no CRA de Teo aparentando descoñecer que a xestión deste centro depende do Concello. O propio alcalde desautorizouna quitándolle a palabra cando á titular de educación e cultura lle correspondía responder ás preguntas formuladas polo grupo popular.

A normativa vixente é clara: os concellos encárganse do mantemento dos centros educativos e a Xunta aborda as obras de mellora. Así o explicou onte en pleno o número dous do PP teense, Antonio R. Sánchez, quen detallou que nesa mesma normativa se especifica que accións coma o arranxo de fiestras ou portas así coma o pintado da fachada dos edificios é competencia do Concello. Así o acordou a Xunta coa FEGAMP no ano 2007 sendo Conselleira de Educación a socialista Laura Sánchez Piñón.

A maiores, a xestión do CRA corre a cargo íntegramente do executivo local, exceptuando o relativo ao personal. Por tal motivo, tanto populares coma BNG solicitaron que detallara pormenorizadamente cales eran as carencias presentes en dito centro. Entre outros pormenores, a concelleira explicou que todas as escolas unitarias que forman o CRA -exceptuando a de Casalonga e Reis- teñen amianto no tellado.

Ante o detallado, os populares recriminaron que se lle estea pedindo á Xunta que cumpra coas súas competencias cando o Concello non leva a cabo o que lle corresponde. E, ao fío da cuestión, esixíronlle á concelleira Fagil que anuncie cando vai iniciar a retirada de amianto dos tellados das escolas unitarias.

Emenda do PP rexeitada
Ante a moción presentada por Mareas e PSOE de Teo na que se instaba á Xunta a que respondera ás necesidades dos centros, os populares manifestaron o seu voto favorable. Pero, igualmente, o grupo encabezado por José Manuel Guerra propuxo unha emenda para que o executivo local se comprometera a arranxar aquelo que fora da súa competencia, proposta que votaron en contra.

Con este voto en contra para os populares quedaron delatadas as auténticas intencións do executivo local, máis próximas a buscar réditos políticos no enfrontamento coa Xunta que a atopar solucións para a comunidade educativa. Pero, ademáis, para os populares evidenciouse que “cando teñen que demostrar a súa implicación eluden descaradamente as súas responsabilidades”.

José Manuel Guerra lamenta que Pilar Fagil "disparara no seu propio pe" con esta moción, pero agora non lle queda máis remedio que anunciar cando vai iniciar a retirada dos tellados con amianto do CRA, centro que compete xestionar ao Concello.

Deja una Respuesta